Sobre min

Chámome Anxo e son unha persoa aberta e dialogante. A miña paixón pola programación espertou cando tiña 13 anos, descubrín un mundo de posibilidades que se abría ante min e no que decidín meterme de cheo creando o meu primeiro proxecto: Lugher.

Esa aventura foi o meu espertar que me fixo aprender o básico da programación a través da auto-aprendizaxe. Lugher era unha rede social de microblogging sinxela e funcional que fun mantendo e actualizando ao longo de 5 anos. Foi feita dende código cero en PHP, Javascript, HTML e CSS. Prescindir de librarías facían máis interesante e didáctico o seu desenvolvemento.

Co paso dos anos decidín arquivar o proxecto e formarme en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma e Desenvolvemento e deseño de aplicacións web.

Unha vez rematada a miña formación académica, comecei a traballar para Coremain e medio ano despois rematei en Vexiza traballando en proxectos relacionados co territorio a través de .NET Framework e C# entre outros.

A día de hoxe atópome en excedencia laboral servindo coma tenente de alcalde ao mellor lugar do mundo: o meu querido Concello de Outes.

Déixame o teu enderezo: