Novo deseño para a web!

Anxo Núñez Fernández

Despois de case 4 anos dende que creei o meu blogue persoal, chegou un desos momentos na vida dun proxecto no que é preciso anovarse, buscar novas fontes de inspiración e coller, se é preciso, un camiño diferente.

Decidín rediseñar todo o sistema que hai detrás da páxina coma xa fixen no seu momento con Lugher, alén diso tamén eliminei todos os posts antigos. Non é que me avergoñe do pasado desta web, non, trátase mais ben dun xeito de marcar un novo ciclo dentro da mesma. Todos os datos adquiridos na anterior etapa, así como os antigos posts quedaron a bo recaudo, pero quizáis é mellor para o blogue comezar, unha vez máis, de cero.

Así, e sen máis, douche á benvida á nova faciana de Anxo.Gal, o meu portal aberto ao mundo. Non é un sitio cobizoso ou grandioso, é a miña xaneliña dende a cal comparto a miña visión cos outros milleiros de xaneliñas que somos todos e todas nós.

Moitas grazas, coma sempre, por todo o agarimo recibido.


Compartir:


Tweet
Páxina web orgullosamente desenvolvida, editada e deseñada por Anxo Núñez Fernández 2014-2018©