Mensaxe do presidente da Xunta de Galiza. Realidade paralela?

Anxo Núñez Fernández

Como todos os anos, por estas datas, o presidente do noso país ven de realizar o seu discurso especial de fin de ano no que en teoría debe dirxirse ao pobo para reflexionar sobre o acontecido duranto o ano anterior e poñer a vista nas metas do futuro. Por desgraza semella que, un ano máis, o presidente Feijoó ven de confundir o seu cargo co de tertuliano ou mamporrero das historietas da caverna madrileña.

Coma sempre, Feijoó fixo bandeira do seu triunfalismo infundado, amosa unha realidade inexistente, que quizáis só capte el dende os amplos ventanais de Monte Pío ou dende unha televisión pública manipulada de cabo a rabo sen a máis mínima vergoña. Amosounos unha Galiza na que cada ano vivimos mellor e medramos como pobo, de verdade hai alguén nesta terra capaz de creer semellante mentira? Que mágoa que o noso país conte cunha situación radicalmente distinta á debuxada polo presidente, con taxas de paro xuvenil, emigración e diferencias salariais completamente inaceptábeis e que amosan a cruda realidade: unha Galiza na que as oportunidades e a calidade de vida cada vez van a menos.

De todos xeitos sigamos escoitando e debullando o discurso, é bastante curioso que ao longo dos oito minutos que dura non faga só unha mención á situación en Catalunya, se non que aproveita cada tema que vai sacando para lembrarnos os que pasa á outra beira da península e, por suposto, decirnos o moi malos malísimos que son os cataláns e o seu goberno de "sediciosos". O que me parece bastante triste é que estas mencións ao pobo veciño só se fagan con ánimo de incrementar a catalanofobia e de alimentar, unha vez máis, as imprentas da caverna mediática española.

"Estas mencións ao pobo veciño só se fan co ánimo de incrementar a catalanofobia e de alimentar, unha vez máis, as imprentas da caverna mediática española."

Outra cousa curiosa que colle destacar do que dixo é algo así como "Galiza, como nacionalidade histórica, estará presente de xeito singular en todo debate que poida mudar a situación do noso país". Chegados a este punto xa non sabemos se deberíamos rir ou chorar. Un presidente que, nos seus case dez anos ao fronte da Xunta, se caracteriza pola súa inacción e supeditación ao goberno do estado quere facernos pensar que vai mover un dedo no momento no que o noso país o precise, unha vez máis?

Podería seguir e ir incluso polo máis miúdo do discurso, pero a realidade é que o PP cando se apodera das nosas institucións públicas convírteas noutro órgano podre do seu sistema de corruptelas e amiguismos quitándolles, así, toda a súa dignidade e útilidade de cara ao pobo. Sería bó que coma propósito de aninovo o presidente se decidise a traballar de verdade polo noso país, a pena é que nin os própositos se cumpren nin os ególatras pensan noutra cousa que non sexa en si mesmos.


Compartir:


Tweet
Páxina web orgullosamente desenvolvida, editada e deseñada por Anxo Núñez Fernández 2014-2018©