Chiar

Cuestión de Medios

Anxo Núñez Fernández | Datado: 2016-06-11 23:08:19

Boas! Fai case dous meses que non escribo nada, que se lle vai facer... Exames. Para retomar un pouquiño a actividade do blogue gustaríame falar dun tema que sempre tiven gañas de comentar e deixar unha opinión clara e argumentada, por que precisamos máis medios independentes e en galego.

Que son os medios? A día de hoxe semella que os únicos medios que existen tanto a nivel nacional como a nivel estatal son ferramentas para aferrar o poder da oligarquía que quer manexar a vida política en todos os ámbitos. Semella que Venezuela é máis importante que calquera comunidade autónoma ou que os problemas que temos xa non existen, desapareceron, por arte de maxia. Semella que só existen catro partidos políticos e que as únicas eleccións que importan son as Estatais. Por desgraza ultimamente todo semella cousas que non son.

Nestes últimos anos a independencia e a rigorosidade no xornalismo profesional esvaecéronse case por completa, só quedan pequenos recónditos no Internet do que é en realidade a información que nos concirne. Isto explicaría por que a terríbel crise que está a sofrer Galiza, moito máis acrecentada que no resto do Estado, pase desapercibida para os propios galegos... Como na tele din que todo vai ben, irá ben entón.

Por desgraza isto non é así, sufrimos crises en case todos os sectores principais do País: A pesca, O gando e incluso as industrias máis modernas están a padecer o máis crú da crise, seguen habendo desafiuzamentos, pero só importa o que faga un tal Maduro, un tipiño que ate onte nada ou pouco tiña que ver co noso.

Que a día de hoxe a maioría de medios sirvan ao mesmo círculo oligarca non significa que isto non se poida cambiar, pódese facer e de feito podemos empregalos como ferramentas para a normalización lingüística, xogan un papel crucial, gústenos ou non, en calquera decisión que tomemos.

O Galego precisa máis que nunca estar sobretodo no Internet, onde é preciso crear unha oferta na nosa lingua para unha ampla demanda que a día de hoxe fica desatendida.

Isto é posíbel e, de feito, non moi difícil. Aínda me lembro de como o "YouTube España" era practicamente inexistente fai cousa de 5 anos, aínda así, grazas o triunfo de YouTubers pioneiros como JPelirrojo (Un dos primeiros Youtubers en Castelán no estado) marcou o comezo da industria que xa é hoxe en día. Antes disto os Youtubers do estado español adoitaban facer os vídeos por que pensaban que no habería mercado para facelos en castelán, o mesmo pasa co Galego.

Crear plataformas divulgativas do audiovisual galego será imprescindible para crear unha boa rede de contidos na nosa lingua que ademais de normalizala consigan ser unha xanela para acceder a unha realidade e obxectividade diferente da que nos queren impoñer.

Moitas Grazas, ata a próxima.

#Medios #Manipulación #Oligarquía


Seguir a @vinpoloaire
Deseño e textos propiedade exclusiva de Anxo Núñez Fernández. Todos os dereitos reservados 2014-2017 ©
Ao utilizar esta web, aceptas o uso das cookies.