Chiar

Nova Tempada en Anxo.Gal!

Anxo Núñez Fernández | Datado: 2016-09-13 19:45:19

Moi boas! Si, sigo vivo... Outro anos máis comezamos novo curso académico e ao mesmo tempo recargamolas pilas para unha nova tempada de Anxo.Gal

Desta volta tentarei traballar un pouco máis no audiovisual e na nosa canle e producir alomenos 2 posts ao mes.

Tamén temos cousiñas novas:

Este venres Silvia Tuñas e eu estrearemos en Anxo.Gal un podcast semanal chamado Axóuxere onde falaremos dos temas máis candentes da actualidade e divagaremos todo canto nos sexa posíbel. Poderás escoitalo en directo e máis tarde gravado dende Anxo.Gal ou na páxina de emisión (Preme aquí).

Se todo sae ben tamén en pouco estaremos colaborando con Alex Millet, un mozo de ribeira cantautor e con moito talento.

Para non perderte nada disto e moito máis non dubides en seguirme nas miñas redes sociais: @vinpoloaire

Moitas Grazas e ate a próxima ;)

#novatempada #anxogal #axouxere #podcast #temponovo #airefresco #silvia #audiovisual #canle


Seguir a @vinpoloaire
Deseño e textos propiedade exclusiva de Anxo Núñez Fernández. Todos os dereitos reservados 2014-2017 ©
Ao utilizar esta web, aceptas o uso das cookies.