Chiar

Estreamos Axóuxere!

Anxo Núñez Fernández e Silvia Tuñas Añón | Datado: 2016-09-16 21:54:49

Boas! Xa estamos estreando tempada e que mellor que un podcast semanal para facelo?! A partir de hoxe en diante todos os venres ás 20:00 poderás escoitarnos en Axouxere.Anxo.Gal falando dos temas de actualidade máis candentes :D

Podes escoitar todos os programas premendo aquí (axouxere.anxo.gal)

Silvia Tuñas e eu, Anxo Núñez, estamos moi orgullosos de poder presentarvos o noso último traballo feito con moita ilusión e, esperamos, perseverancia. Xa está dispoñíbel o noso primeiro programa, que podes escoitar no reprodutor de aí abaixo, e a partir de agora todos os venres ás 20:00 falaremos dos temas de interese xeral e doutros que non tanto, entrevistaremos a persoeiros e coñeceremos novos talentos. A primeira tempada de Axóuxere, que comprenderá dende o 16 de Setembro ate o 9 de Decembro está a aberta a modificacións, suxerencias e colaboración.

Se tés interese en falar connosco no o dubides:

Sen máis e con ganas de vervos cada semana deixámosvos co noso primeiro programa:

Lembra que para escoitarnos en directo o único que tes que facer e entrar en Axouxere.Anxo.Gal cada venres ás 20:00.

Moitas Grazas e ate a próxima :)

Sinatura

#podcast #silvia #radio #galego #actualidade #semanal #axouxere #comezo #novatempada


Seguir a @vinpoloaire
Deseño e textos propiedade exclusiva de Anxo Núñez Fernández. Todos os dereitos reservados 2014-2017 ©
Ao utilizar esta web, aceptas o uso das cookies.