Chiar

As Lavandeiras da Noite — Meigas para o Samaín

Anxo Núñez Fernández | Datado: 2016-10-31 19:41:36

Boas! Hoxe é o 31 e iso significa que esta noite é o Samaín que non Halloween. Xa é tradición no meu blogue facer un pequeno post explicando unha lenda ou mito galego desta temática e nesta data do ano. Desta vez toca falar das Lavandeiras da Noite 👻

No especial Samaín de Axóuxere, que podedes escoitar premendo aquí, estivemos falando de lendas do samaín e historias terroríficas e entre elas falamos das Lavandeiras da Noite, algo que non coñecía ate o momento e que me chamou bastante a atención.

De entre os moitos tipos de meigas que narra a cultura popular galega podemos atopar as Lavandeiras da Noite, tamén coñecidas coma Lavandeiras da Lúa, son mulleres de aparencia tanto xove como vella e que aparecen á beira dun río lavando o mesmo trapo manchado de sangue unha e outra vez.

Dise que as que xa son máis anciás portan cabeleiras moi longas e brancas coma a neve, os ollos vermellos e a face chea de engurras. Mentres que as que son máis xoves apreséntanse con unha beleza moi semellante á das mouras.

Están condenadas a lavar o mesmo trapo cheo de sangue ao morrer durante o parto, asasinar os seus fillos nos berces ou que estes morresen nun descuido.

Según conta a lenda se unha se decata da túa presenza pediráche que lle axudes a lavar o seu trapo cheo de sangue, máis este débese ercorrer ao xeito contrario do que o fan elas, de facelo no mesmo sentido podería traer mala sorte ou mesmo a morte.

Sobre estas curiosas lavandeiras podemos atopar cancións e diversos relatos:


Que che pareceu a historia? Sen dúbida é un bó disfraz para o Samaín :P

Boa Noite de Samaín, ate a próxima e Moitas Grazas :)

sinatura

#meigas #lavandeiras #noite #samaín #galiza


Seguir a @vinpoloaire
Deseño e textos propiedade exclusiva de Anxo Núñez Fernández. Todos os dereitos reservados 2014-2017 ©
Ao utilizar esta web, aceptas o uso das cookies.