Chiar

Bo Nadal co Apalpador!

Anxo Núñez Fernández | Datado: 2016-12-23 16:08:25

Semella que aínda foi onte pero xa pasou un ano dende o último nadal. Xa chegan as datas tan odiadas por uns, e con razón, e tan amadas por outros. Eu prefiro ser dos que son optimistas sobre o tema e intentar desfrutar o nadal coma unha festa máis nas que atopar un momento de ledicia e confraternización cos teus seres queridos e tamén no que celebrar o apalpador.

Apalpador no IES Virxe do Mar

O Apalpador, unha figura que aínda se está a recuperar pero que é a figura mítica do nadal galego. Un xigante do Courel que visita os fogares galegos para agasallar ás crianzas e comprobar que estas comen ben. Se aínda non coñeces ben ao apalpador recoméndoche premer esta ligazón.

Nada máis e que teñas un moi bo nadal!

Unha Aperta, Anxo Núñez Fernández

#nadal #bonadal #apalpador #pandigueiro #tradición #felicitación #postpequeno


Seguir a @vinpoloaire
Deseño e textos propiedade exclusiva de Anxo Núñez Fernández. Todos os dereitos reservados 2014-2017 ©
Ao utilizar esta web, aceptas o uso das cookies.