Chiar

Chega Lugher 2.0!

Anxo Núñez Fernández | Datado: 2017-01-04 10:41:13

Lugher está a unha semana exacta de cumplir 3 anos, parece aínda onte cando sen intención algunha publicaba a primeira versión de Lugher disposto a que un par de amigos a probaran para poder eu aprender a programar. Porén, cousas da vida, medios locais fixeron eco do descubrimento e os meses seguintes foron unha aventura sen precedentes na miña vida.

Obviamente Lugher nunca fora pensado para ter máis de 50 usuarios, a día de hoxe conta con 893 usuarios rexistrados. Sen dúbida algunha superou todas as miñas expectativas e érame imposíbel por aquel entón manter unha rede social eficaz con apenas 14 anos e sen os coñecementos precisos de programación.

O ano seguinte, despois de ir facendo pequenos arranxos e modificacións na rede, decidín que era hora de facer unha versión completamente nova e dende cero que ofrecese estabilidade e que fose eficaz ao 100%. Por diferentes razóns fun deixando o desenrolo da nova versión e pasaron xa case dous anos dende que a comecei. Pero son unha persoa de palabra e por fin, despois de tanto tempo, rematei a nova versión.

Non aspiro a acadar os mesmos resultados que se acadaron no 2014, nin moito menos, a miña única intención con esta actualización é deixar unha versión estable de Lugher na que as persoas que a sigan querendo empregar se sinta a gusto.

Novidades en Lugher 2.0

Nada segue igual en Lugher 2.0. Todo o código foi reestructurado dende 0 para evitar erros esenciais que se encadeaban na versión anterior. A novidade que quizais se note mais a primeira vista sexa o deseño e o logotipo. O novo deseño está moito máis simplificado, conta cun estilo fresco e anovador na que a cor principal é o violeta e está pensado para que a web funcione moito mais rápida. O logotipo novo está inspirado nun deseño celta e ten coma fondo unha fotografía da vía láctea.

A continuación fago unha pequena lista das novidades sutanciais da nova versión:

A que estás agardando para ver a nova versión de Lugher?! Preme aquí ou visita www.lugher.com!

Espero que a nova versión sexa do voso agrado, nada máis e moitas grazas por todo o apoio amosado na primeira etapa de Lugher.

Un Saúdo, Anxo Núñez Fernández

Sinatura

#lugher #novaversión #lugher2.0 #lugherbeta #3aniversariodelugher


Seguir a @vinpoloaire
Deseño e textos propiedade exclusiva de Anxo Núñez Fernández. Todos os dereitos reservados 2014-2017 ©
Ao utilizar esta web, aceptas o uso das cookies.