Chiar

Un deus salvaxe - Teatro!

Anxo Núñez Fernández | Datado: 2017-04-05 20:13:17

Boas! Xa facía un bó anaco que non escribía nada, que se lle vai facer, bacharelato non deixa máis marxe. Hoxe por desgraza tampouco vou escribir un artigo demasiado extenso como pode ser habitual no meu blogue, veño máis ben a facer unha simple publicación de algo no que levamos traballando case un ano :)

E si, como poderás ter adiviñado polo título, estou a participar nunha obra de teatro. A obra chámase Un deus salvaxe e está escrita por Yasmina Reza. O reparto está formado por Alba Calo, Alejandro Iglesias, Sara Piñeiro e mais eu, estamos dirixidos por Carlos Maquieira e a escenografía e o vestiario corren a cargo de Gloria Rivas.

O argumento da obra, sen destripar moito, xira arredor da xuntanza duns pais por mor dunha lea violenta dos seus cativos. A partires de aí poderíase decir que a cousa dexenera bastante e o demais terálo que descubrir asistindo á función ;)

Deixovos sen máis o avance promocional da obra gravado polo ciclo de imaxe e son do IES Virxe do Mar:

Lembra, o Xoves 27 de Abril ás 20:10 no Coliseo Noela de Noia.

Un Saúdo, Anxo.

Sinatura

#teatro #undeussalvaxe #yasminareza #coliseonoela #carlosmaquieira #albacalo #alejandroiglesias #gloriarivas #sarapiñeiro


Seguir a @vinpoloaire
Deseño e textos propiedade exclusiva de Anxo Núñez Fernández. Todos os dereitos reservados 2014-2017 ©
Ao utilizar esta web, aceptas o uso das cookies.