Chiar

Gañou Portugal, gañamos nós

Anxo Núñez Fernández | Datado: 2017-05-20 09:31:04

Boas! Xa sei que chego algo tarde e que xa fai unha semana dende que Portugal gañou Eurovisión, por desgraza non puiden escribir antes, mais vale tarde ca nunca.

Para comezar gustaríame facer unha pequena defensa do concepto de Eurovisión, un festival, con máis de 60 anos de historia, que sempre foi vítima de críticas infundadas sobre os gañadores e o seu sistema de votación. Moita raiba me da oír perliñas en ton despectivo coma que "Eurovisión é todo política" ou "Só se votan os países veciños". Eurovisión conta cun sistema de votación que basa un 50% da puntuación no resultado dos máis de 40 xurados profesionais internacionas e o outro 50% no televoto, é decir, no que a xente vota vía SMS ou televoto. Se despois hai tongo nas candidaturas por estado, como houbo no caso de RTVE, iso xa é outro cantar.

Por desgraza levamos unha tendencia moi fea nos últimos anos nos que os participantes tenden a levar cancións en lingua inglesa pensando que deste xeito van obter unha mellor puntuación ou incluso chegar a obter a victoria, mais non é así. Unha boa canción segue a ser boa tanto en inglés coma en chinés, non por mudar a linguaxe vai ser mellor. Se un participante leva unha canción horríbel cunha posta en escea aburrida seguira sendo unha mala aposta independentemente do idioma no que cante.

Por esta mesma dinámica cada vez somos máis os eurofans que consideramos coma punto a favor que un participante leve a súa canción en lingua propia. De todos xeitos, eurovisión é, e seguirá sendo unha iniciativa estupenda que sirva coma ponte para crear mais lazos culturais entre os diferentes estados do continente (E algún de fora...).

Portugal nunca gañou eurovisión, de feito levaba dende o 2010 sen clasificarse para a final. Todos nos levamos unha gran sorpresa cando este ano Salvador Sobral presentou a súa fermosísisma balada para participar no festival. Eu namorei dende o primeiro momento, tanto pola sinxeleza da canción coma pola mensaxe que esta portaba. Semellaba que tiñan ben claro que Italia gañaría pero eu mantiven a certeza que Portugal tiña que gañar.

E así foi, por primeira vez, tras 57 anos participando, Portugal conseguiu acadar a vitoria grazas á fermosísima canción dos Sobral. Non podía sentirme máis orgulloso e, por se isto non fora pouco, gañou unha canción que debería dar que pensar a moitos e moitas galegas. Unha canción que se entende perfectamente na nosa lingua e que a única diferenza que hai está na pronunciación.

–El gallego no sirve para nada.
+Para gañar #Eurovision abonda. pic.twitter.com/vrE1P7Y7ko

— Javi 🐋 (@javierbalea) 14 de mayo de 2017

Vai facer máis o Salvador Sobral pola nosa língua hoxe que a Xunta en dez anos #GalizaComPortugal

— Tradutor Galego (@TradutorGalego) 13 de mayo de 2017

Porque lle entendo o que canta #GalizaComPortugal

— Ramón de Faxarda (@RamonDoFertimon) 13 de mayo de 2017

#GalizaComPortugal #Eurovision pic.twitter.com/QoSAe9ULce

— Arrevesados (@arrevesadovideo) 13 de mayo de 2017

Porque é #salvadorable, porque o seu canto toca e porque, como diria minha avó, "fala coma nós" #GalizaComPortugal #Eurovision pic.twitter.com/Ph2Kb85leU

— Carlos Callón (@carloscallon) 13 de mayo de 2017

Onte gañamos nas dúas beiras do Miño!

#eurovision #portugal #salvadorsobral #galiza #lusofonia #galego #portugues #lingua #internacional


Seguir a @vinpoloaire
Deseño e textos propiedade exclusiva de Anxo Núñez Fernández. Todos os dereitos reservados 2014-2017 ©
Ao utilizar esta web, aceptas o uso das cookies.